FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

 

Quen somos?



A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) é a Asociación de Entidades Locais de ámbito estatal con maior implantación que agrupa Concellos, Deputacións, Consellos e Cabidos Insulares, en total 7287, que representan máis do 89 % dos Gobernos Locais Españois.

Constituída ao amparo do disposto na Disposición Adicional Quinta da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, foi declarada Asociación de Utilidade Pública mediante Acordo de Consello de Ministros de 26 de xuño de 1985.

A FEMP é a Sección Española do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) e sede oficial da Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal (OICI).

As fins fundacionais e estatutarias da FEMP son: o fomento e a defensa da autonómica das Entidades Locais; a representación e defensa dos intereses xerais das Entidades Locais ante outras Administracións Públicas; o desenvolvemento e a consolidación do espírito europeo no ámbito local, baseado na autonomía e a solidariedade entre os Entes Locais; a promoción e o favorecemento das relacións de amizade e cooperación coas Entidades Locais e as súas organizacións, especialmente no ámbito europeo, o iberoamericano e o árabe; a prestación, directamente ou a través de sociedades ou entidades, de toda clase de servizos ás Corporacións Locais ou aos entes dependentes destas e calquera outra fin que afecte de forma directa ou indirecta aos asociados da Federación. 

A Federación réxese por dúas normas internas fundamentais: os Estatutos, aprobados na 9ª Asemblea Xeral, e o Regulamento de Réxime Interior.

A súa sede oficial atópase na Villa de Madrid, calle del Nuncio, nº 8.

SEDE FEMP
29/09/2009

> Ir a la fototeca