FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público das Corporacións Locais


O BOE publica hoxe nas súas páxinas o Convenio entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e a FEMP en virtude do cal a Axencia asume a xestión recadatoria executiva de diversos recursos de dereito público das Corporacións Locais cando estas llos encomenden.




Os recursos aos que fai referencia o texto publicado son os recursos de dereito público de natureza tributaria e recursos de dereito público non tributarios; quedan exceptuados aqueles de dereito público das Corporacións Locais cuxa xestión recadatoria tivese sido asumida previamente e mediante convenio por algunha Comunidade Autónoma.

Cando se trate dunha Deputación Provincial, a Axencia Tributaria tamén poderá asumir a xestión recadatoria executiva das Corporacións Locais cuxa xestión recadatoria tivese asumido a Deputación.

O convenio que publica o BOE foi subscrito o pasado 28 de abril entre o Presidente da FEMP, Pedro Castro, e o Presidente da Axencia Estatal de Administración Tributaria, Carlos Ocaña.

As competencias asignadas neste proceso á Axencia Tributaria e á Corporación Local correspondente, así como o procedemento recadatorio e demais pormenores do proceso, aparecen detallados no texto do convenio que recolle o BOE, xunto con varios anexos con especificacións diversas.