FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

A FEMP presenta en FITUR o Manual de Modelos de Xestión Turística no ámbito local


A Presidenta da Comisión de Turismo da FEMP, a Alcaldesa de Eivissa, Lurdes Costa, presentou no marco da Feira Internacional de Turismo (FITUR), o Manual de Modelos de Xestión Turística no ámbito local. O documento contén unha reflexión sobre a problemática dos municipios turísticos e presenta un catálogo de boas prácticas relacionadas coa creación de entidades mixtas de xestión turística.


A iniciativa está enmarcada no programa Soportes de Promoción de Destinos, auspiciado por Turespaña e a FEMP, no que participaron un total de 109 entidades, na súa maior parte Entidades Locais (municipais e supramunicipais), e en menor porcentaxe, entes de xestión turística,

As boas prácticas incluídas no Manual corresponden aos proxectos dos Concellos de Alange (Badaxoz), Benicassim (Castelló), Córdoba, Elche, Real Sitio de San Ildefonso (Segovia) e Valladolid.

O Manual, impulsado pola Comisión de Turismo da FEMP, ofrece fórmulas para que os Concellos poidan xestionar de forma eficiente a oferta turística e os servizos, baseándose no principio da que actividade turística é un elemento transversal das políticas locais, clave na xeración de emprego e riqueza no municipio.

A Presidenta da Comisión de Turismo da FEMP explicou que se trata de "unha aposta clara por unha xestión baseada na corresponsabilidade e no cofinanciamento que garanta a participación activa do sector empresarial" e, ao mesmo tempo, "na xeración de estruturas estables de xestión que garantan a implantación políticas turísticas sostibles e de calidade, a longo prazo,".


Lurdes Costa afirmou que detrás de cada destino turístico hai un Concello que dá servizos e que, malia non ter competencias directas nesta materia, "nos sentimos competentes e responsables dos nosos turistas". Neste sentido, expresou o desexo de continuar traballando da man con Turespaña no desenvolvemento futuro do programa Soportes de Promoción de Destinos, e de mellorar o financiamento específico dos municipios turísticos.

Aludindo ao contido do Manual, sinalou que hoxe podemos presumir de Entidades Locais cun maior grao de profesionalización e unha visión integral do destino, que se afasta do desenvolvemento exclusivo de campañas promocionais ou da construción de grandes infraestruturas, como acontecía en anos anteriores.

A Alcaldesa de Eivissa destacou, entre outros logros, a creación de produtos turísticos singulares, a aposta pola calidade do servizo, o uso sostible dos recursos ou a utilización das novas tecnoloxías, "elementos diferenciadores da nosa oferta e das nosas campañas promocionais". En definitiva -engadiu-, o Manual reflicte o papel fundamental que deben asumir as Entidades Locais como principal prestador dos servizos que demanda o turista.

No acto de presentación do Manual, xunto a Lurdes Costa, interviñeron o Subdirector Adxunto de Desenvolvemento e Sostibilidade Turística de Turespaña, José Díaz, o Xerente de Promoción Turísitica de Valladolid SL, Gabriel Ureta, o Presidente do Consorcio de Turismo de Córdoba, Vicente Carmona, o Xerente da Fundación Turismo de Elche, Enrique Pineda, e o Director de Economía e Facenda da FEMP, Carlos Prieto.

O representante de Turespaña mostrou a súa satisfacción polos resultados do programa "Soportes", porque serve para encontrar interlocutores sólidos no ámbito municipal e pola incentivación que supuxo dos organismos mixtos de xestión. "É un modelo que serve para o futuro, polas sinerxías e as economías de escala que xera", e porque abre o camiño para establecer canles de comunicación estables e efectivas, involucrando as distintas administracións territoriais e axentes empresariais.


Sobre a continuación en anos próximos do programa, José Díaz confiou en que poida retomarse, pero "sobre a base da necesaria optimización dos recursos públicos".

Soportes de Promoción de Destinos

O programa "Soportes de Promoción de Destinos", cuxo desenvolvemento se analiza no Manual presentado pola FEMP, iniciou a súa andaina en 2007, con tres convocatorias consecutivas de axudas ás Entidades Locais orientadas a promover a mellora da xestión turística dos destinos. A maior parte dos participantes, o 42%, son destinos de interior, clasificados dentro do Turismo Cultural e o Turismo Urbano (City Breaks); outro 28% corresponde a destinos de litoral, de Sol&Playa; e o 26% restante a destinos de Turismo Rural.

A experiencia deste programa reflicte que no 52% dos casos as entidades participantes crearon unha nova entidade mixta de xestión turística, con presenza do sector empresarial. Outro 17% desenvolveron Convenios de Colaboración cos seus respectivos sectores empresariais para a implementación de proxectos e/ou programas. A estes proxectos, hai que sumarlles os relacionados coa potenciación de entidades de xestión xa existentes, que ou ben melloraron con respecto á participación do sector empresarial, ou levaron a cabo accións de planificación; este grupo representou aproximadamente o 15% das entidades participantes.

Outro dato singular é o que reflicte que a gran maioría de entidades participantes no programa "Soportes de Promoción de Destinos", máis dun 70%, elaboraron un Plan Estratéxico de Turismo, o 47% implementar un Plan de Desenvolvemento de Produto, e o 36% realizaron tamén un Plan de Mercadotecnia Turística.