FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Red Española de Ciudades Saludables

REDE ESPAÑOLA DE CIDADES SAUDABLES

REDE ESPAÑOLA DE CIDADES SAUDABLES

11/06/2019

> Ir a la fototeca

Rede Española de Cidades Saudables



A Rede Española de Cidades Saudables é a Sección da Federación Española de Municipios e Provincias adicada á promoción e protección da saúde e o benestar dos cidadáns, en concordancia cos principios de actuación correspondentes ao proxecto «Healthy Cities», da Organización Mundial da Saúde.
 
Dende a súa constitución no ano 1988, a Rede Española de Cidades Saudables centrou as súas actuacións nas seguintes liñas:
 
• Asegurar a intercomunicación das cidades participantes en materia de promoción e protección da saúde.
• Asegurar o mantemento dos contactos interinstitucionais.
• Fomentar a colaboración e a acción conxunta das cidades participantes en materia de promoción e protección da saúde.
• Axudar ás cidades participantes a desenvolver modelos operativos de promoción e protección da saúde na comunidade.
• Establecer criterios de avaliación e indicadores unificados que permitan avaliar as actuacións da promoción y protección da saúde.
• Establecer recomendacións orientadas á inclusión dos procesos de calidade nas actuacións de promoción e protección da saúde.
• Manter contactos cos demais proxectos de cidades saudables no noso país, noutros países e coas redes nacionais, así como coa Rede Europea.
• Difundir a información relevante sobre a Rede Española de Cidades Saudables, as Redes Autonómicas e a Rede Europea.
 
A FEMP, a través da Rede Española de Cidades Saudables, establece Acordos de Colaboración anuais co Ministerio de Sanidade e Consumo para a potenciación da Rede.
 
O Presidente da Rede Española de Cidades Saudables é o Sr. Enric Llorca Ibáñez, Alcalde de Sant Andreu de la Barca (Barcelona).
 
Na actualidade están adheridas 146 Entidades Locais que representan 17 350 693 habitantes.
 

Enlaces relacionados

Enlaces relacionados