FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Rede Española de Cidades polo Clima

Rede Española de Cidades polo Clima

Rede Española de Cidades polo Clima

05/10/2009

> Ir a la fototeca

16/09/2009

> Ir a la videoteca_x

Rede Española de Cidades polo Clima



A Rede de Cidades polo Clima é a sección da FEMP adicada a loitar contra o cambio climático e os seus efectos, que aumenta a vulnerabilidade das súas localidades e afecta directamente á poboación.

En novembro de 2004 a FEMP e o Ministerio do Ambiente asinaron un convenio marco de colaboración para facer posible a creación dunha Rede Española de Cidades polo Clima, co obxectivo de promover as políticas de sostibilidade nas cidades españolas, especialmente nas relacionadas coa redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

O acordo persegue o fomento da colaboración institucional para desenvolver iniciativas de prevención da contaminación e o cambio climático nun contexto xeral dirixido á sostibilidade local, así como a implantación das Axendas Locais 21, baseadas na coordinación e a cooperación interadministrativa, e outras actividades de interese conxunto.

No caso concreto da Rede de Cidades polo Clima o convenio establece xa unha serie de liñas de actuación, entre as que poden destacarse as seguintes:

• Recompilación de iniciativas nacionais e internacionais
• Soporte técnico aos municipios
• Creación dunha páxina web con vínculos entre o Ministerio do Medio Ambiente e a FEMP
• Creación dun foro de intercambio de experiencias
• Promoción da formación en xestión ambiental
• Posta en marcha de accións conxuntas de sensibilización dirixidas a responsables municipais e á sociedade sobre o desenvolvemento sostible.
• Publicación e difusión de materiais.
• Coordinación de actuacións, tanto no ámbito nacional como internacional.


A Rede está presidida polo Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero.

Na actualidade están asociadas 283 entidades locais que representan 27 148 355 habitantes.

Enlaces relacionados

Enlaces relacionados