FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

A FEMP pide adecuar o endebedamento dos Concellos á súa capacidade real para afrontalo


A FEMP quere que se adecúe a porcentaxe de endebedamento para que ningunha Entidade Local saneada e con capacidade para atender a amortización de créditos quede excluída das medidas anunciadas polo Goberno. A Comisión Executiva da Federación propoñerá ademais que, con carácter excepcional para o ano 2011, o endebedamento poida ser aplicado a gastos correntes, prioritariamente sociais e de educación.



A Comisión Executiva da FEMP, reunida hoxe en Madrid, aprobou por unanimidade de todos os seus membros unha resolución na que cualifica de "importante avance", o anuncio do Goberno de levantar a prohibición de endebedamento, ao permitir a aquelas Entidades Locais máis saneadas seguir acometendo plans de investimentos e políticas sociais. Non obstante, insiste en que nas condicións de aplicación do Real Decreto se teñan en conta os casos de proxectos plurianuais ou cofinanciados con outras institucións públicas.

A FEMP argumenta estas peticións sinalando que ao situar inicialmente a porcentaxe de endebedamento en torno ao 75% dos ingresos correntes, moitos Concellos, Deputacións, Consellos e Cabidos Insulares cunha axeitada situación financeira non poderán acollerse á medida do Goberno.

O texto da resolución inclúe tamén a reclamación de que se posibilite excepcionalmente o refinanciamento da débeda que venza no exercicio, sen que a mesma sexa considera dentro do límite de endebedamento.

Na resolución, a FEMP insta ao Goberno a que habilite de forma inmediata a liña de crédito ICO para que os Concellos poidan facer fronte aos pagamentos a provedores, considerada na Disposición Adicional Cuarta de la Ley pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.


Compromiso coa redución do déficit

Os Alcaldes e Alcaldesas da Comisión Executiva da FEMP poñen de manifesto que os Gobernos Locais españois apoiaron de forma unánime, con responsabilidade e rigor, as medidas do Goberno de España para a redución do déficit público, así como outras medidas de axuste, encamiñadas a superar a situación de crise económica.

Un apoio que, segundo expoñen na resolución, se traduciu enpolíticas públicas austeras e de rigor presupostario, que non impediron manter o mesmo nivel de calidade dos servizos públicos básicos, en condicións de igualdade para todos os cidadáns.

Do mesmo modo, alertan de que a actual conxuntura económica situou un importante número de Gobernos Locais ante unha complicada situación de falta de liquidez que dificulta o cumprimento dos seus compromisos de pagamento a provedores; por iso, consideran necesario "habilitar medidas complementarias que permitan afrontar de forma efectiva o financiamento do gasto corrente durante os próximos meses".

Como se recordará, a Comisión Executiva da FEMP, na súa reunión do 29 de xuño, pediu ao Goberno levantar a limitación ao endebedamento a longo prazo para os Gobernos Locais en 2011. Durante os meses de xullo e agosto, numerosas Entidades Locais aprobaron, nos seus Plenos ordinarios, unha moción no mesmo sentido.

Convenios

A Executiva aprobou ademais o contido de dous convenios de colaboración, que se asinarán proximamente, coa Campaña de Nacións Unidas para os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e co Ministerio de Cultura, respectivamente.


O primeiro establecerá un marco estable de colaboración para a promoción dos Obxectivos do Milenio nos Gobernos Locais españois, con iniciativas de sensibilización e mobilización cidadá.

O segundo servirá para coordinar as actividades dos Observatorios Culturais e Centros de Estudos locais e provinciais, a través de estudos e traballos que reflictan a situación da realidade cultural local e mediante a avaliación das políticas culturais que realizan os municipios.

Convivencia cidadá

A Comisión Executiva tamén foi informada do convenio de colaboración que a FEMP asinou o pasado 8 de setembro coa Obra Social "a Caixa" para a posta en marcha dun novo proxecto de fomento da convivencia en municipios cunha alta diversidade cultural. Ambas as dúas entidades realizarán accións conxuntas de promoción e implementación desta iniciativa, na que tamén colabora o Ministerio de Traballo e Inmigración.

O proxecto aplicarase en 17 territorios ou barrios de quince municipios, coa colaboración da FEMP e as entidades sociais de cada un deles, co obxectivo de xerar un modelo de intervención comunitaria de referencia na xestión da diversidade cultural.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)

14/09/2010

> Ir a la videoteca_x