FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Vigo acollerá a VI Asemblea da Rede Española de Cidades polo Clima


A Rede Española de Cidades polo Clima da FEMP celebra en Vigo este próximo luns, 15 de novembro, a súa VI Asemblea. O Alcalde da cidade e Presidente da Rede, Abel Caballero, e a Secretaria de Estado de Cambio Climático, Teresa Ribera,abrirán a reunión, xunto co Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Antonio Fernández.



Coincidindo coa Asemblea, terá lugar a Xornada "O Vehículo Eléctrico nos Municipios Españois", na que se analizará o actual marco nacional para a implantación do vehículo eléctrico e se presentarán algunhas das experiencias que están a desenvolver os Concellos, como o Proxecto Movele ou SmartCity.
A xornada reunirá a representantes e expertos do Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño, e do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, de fabricantes de vehículos eléctricos, operadores do sistema eléctrico e políticos e técnicos de varios Concellos españois, co fin de analizar e avaliar as políticas postas en marcha nos municipios españois neste campo.
A reunión de Vigo, cidade da que é Alcalde o actual Presidente da Rede, Abel Caballero, é a sexta das Asembleas, tras as celebradas en Santander, o pasado mes de xuño deste mesmo ano, en Rivas Vaciamadrid (2009), Donostia - San Sebastián (2008) e Gijón (2006).


Durante a Asemblea procederase a entregar o III Premio ás Boas Prácticas Locais polo Clima, creado para recompilar e recoñecer as melloras actuacións realizadas durante os últimos anos polos Gobernos Locais españois no campo da mitigación e adaptación ao cambio climático.