FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Declaración da FEMP no Día Internacional contra a Violencia de Xénero


A FEMP insta a todos os Gobernos Locais de Municipios, Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares a reforzar as accións que xa veñen desenvolvendo contra a violencia de xénero. Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, fixo pública unha declaración na que pide continuar o labor de sensibilización e prevención e de apoio ás vítimas e a promover na vida local modelos non sexistas e de igualdade entre mulleres e homes.



Ante a conmemoración dun novo 25 de novembro, a FEMP, unha vez máis, manifesta a súa repulsa e denuncia ante a persistencia dunha das "evidencias máis virulentas da discriminación por razón de xénero" e sinala que a eliminación deste tipo de violencia segue sendo un dos desafíos máis urxentes da nosa sociedade.

Por iso, a FEMP, en nome de todos os Gobernos Locais españois, reitera a súa firme decisión, tanto de intensificar as súas actuacións coma de colaborar con todas as institucións públicas e axentes sociais na busca de solucións ao maltrato machista.

Achégase o texto da declaración.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)