FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Juan Ignacio Zoido afirma o compromiso da FEMP coa accesibilidade universal


A FEMP impulsará nos municipios políticas que favorezan a eliminación de todo tipo de barreiras e promoverá a sensibilización e a implicación de políticos e técnicos para avanzar na accesibilidade universal. Así se expresou en Presidente da FEMP, Juan Ignacio Zoido, durante a presentación do primeiro informe sobre Accesibilidade Universal nos Municipios de España 2011, elaborado pola Fundación ONCE.



Zoido interveu xunto co Vicepresidente do Goberno de Política Territorial, Manuel Chaves, e o Presidente da ONCE e a súa Fundación, Miguel Carballeda.

A "accesibilidade universal" e o "deseño para todos" han de ocupar un papel protagonista nas políticas públicas locais -segundo sinalou o Presidente da FEMP-, para que as persoas poidan gozar dunha vida "independente e plena" nunhas cidades cada vez máis humanas e habitables; porque "ás veces non nos decatamos -comentou- que dous centímetros de diferenzas para algúns pode ser unha barreira imposible de superar". Por iso, "temos que mirar a cidade dende a perspectiva das persoas que máis o necesitan".


Juan Ignacio Zoido manifestou que grazas a este traballo se coñecerá a fotografía das nosas cidades en materia de accesibilidade, "o que nos axudará a dar outro paso cara a adiante" nas políticas, programas e accións que promoven a igualdade de oportunidades e favorecen a inclusión social das persoas que teñen maiores dificultades. "Os Alcaldes sabemos que a accesibilidade é sinónima de saúde, de seguridade e de benestar", afirmou o primeiro edil de Sevilla.

O Observatorio da Accesibilidade Universal nos Municipios Españois está impulsado por Fundación ONCE e conta coa colaboración da FEMP, o CERMI e o IMSERSO.


A crise non é escusa

O Vicepresidente do Goberno de Política Territorial destacou que recoñecer os dereitos das persoas con minusvalidez "é xustiza" e que a crise "non" pode ser unha escusa" para retroceder nas políticas sociais. Do estudo recalcou que serve para que todos os responsables das administracións públicas "tomemos conciencia" da necesidade de impulsar medidas que garantan a igualdade para todos.

"Somos máis dignos e máis xustos cando non se limitan os dereitos dos cidadáns", insistiu Manuel Chaves, que tamén repasou os avances en materia de minusvalidez. Segundo recordou, a pesar das dificultades, a atención ás persoas con minusvalidez seguiu ocupando un lugar destacado na axenda do Goberno. "Avanzamos pero queda moito por facer", recoñeceu. "Queda tarefa pendente para que os ámbitos sexan cada vez máis accesibles, máis humanos e participativos," concluíu.


Pola súa banda, Miguel Carballeda referiuse ao reto de lograr unha Europa sen barreiras. Para iso, advertiu, temos que empezar por deseñar pobos e cidades para todos. "Hai que seguir traballando intensamente para eliminar todas as barreiras existentes". Nesa tarefa, o presidente da ONCE e a súa Fundación reiterou a necesidade de recuperar a colaboración entre Administracións Públicas.

O estudo

O informe da Fundación ONCE presenta os resultados dun estudo realizado en 70 municipios, nos que se avaliou o grao de accesibilidade das súas páxinas Web, áreas urbanas, edificios e transportes.

A principal conclusión é que existen múltiples e diversas rupturas na cadea de accesibilidade nos máis de 254 quilómetros de rúa avaliados. A isto súmase que, con frecuencia, se incumpre a normativa vixente de accesibilidade tanto en zonas da zona antiga, como rehabilitadas ou de recente construción.

Na comparativa entre municipios non se aprecian diferenzas significativas a grandes trazos segundo o tamaño. Neste sentido, o texto sinala que a aplicación da lexislación vixente non está relacionada con ter máis ou menos recursos económicos ou co tamaño do municipio senón coa sensibilidade e vontade dos políticos e técnicos que deseñan e supervisan as actuacións a realizar no ámbito urbano.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)