FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Section of Local Entities with Mineral and Thermal Waters

Villas Termales

Villas Termales

19/10/2009

> Ir a la fototeca

Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais



A Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais xorde pola inquietude de dar pulo ao papel dos concellos na planificación e o aproveitamento integral dos seus recursos hidrominerais, e dispoñer dunha plataforma estable de cooperación que facilitase a coordinación de iniciativas de interese común para o seu desenvolvemento.

Dende a súa constitución en decembro de 2001, a Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais centrou os seus obxectivos en:

• A defensa dos intereses das Entidades Locais que contan con augas minerais
• A promoción do aproveitamento integral das augas minerais, para promover o atractivo e a competitividade dos municipios con augas minerais.
• O pulo do papel activo dos entes locais na planificación e desenvolvemento dos seus recursos en augas minerais
• O intercambio de información e experiencias.
• A colaboración interrexional, nacional e internacional con autoridades, asociacións e institucións
• A promoción turística nacional e internacional das corporacións locais e municipios que configuran a marca «Vilas Termais FEMP»


A Sección está presidida polo alcalde de Alhama de Granada, D. Francisco Escobedo Valenzuela.

Na actualidade están asociadas 99 Entidades Locais, que representan a 7 384 371 habitantes.

Enlaces relacionados

Enlaces relacionados