FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Red de Gobiernos Locales Biodiversidad

Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade 2010

Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade 2010

06/10/2009

> Ir a la fototeca

Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade 2010



A Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade 2010 é a Sección da FEMP adicada á promoción de políticas locais para a conservación e uso sostible da biodiversidade e a conservación do patrimonio natural.

Esta Rede, que se fortalece a través do Convenio de Colaboración entre a FEMP e o Ministerio do Medio Ambiente, Medio rural e Mariño, dende a súa constitución en marzo de 2007, está encamiñada á promoción de políticas locais para a conservación e uso sostible dos recursos naturais, a conservación do patrimonio natural e o fomento do desenvolvemento rural con criterios de sostibilidade.

As Entidades Locais integradas na Rede deben comprometerse nos seguintes obxectivos:

• Promover estratexias, planes, programas e proxectos de ordenación do territorio municipal que, baseados no desenvolvemento sostible do municipio, garantan a funcionalidade e dinámica ecolóxica dos territorios naturais presentes no seu municipio, posibilitando, cando sexa posible, a recuperación dos sistemas danados ou destruídos no pasado.
• Promover estratexias, programas e proxectos para conservar e incrementar a biodiversidade dos medios urbanos.
• Educar e concienciar á cidadanía da importancia de dispoñer dun ambiente axeitado e cun alto grao de diversidade biolóxica, como elementos esenciais da saúde humana e a preservación do noso patrimonio natural.

A Rede está presidida por D. Felipe López, Presidente da Deputación Provincial de Xaén.

Na actualidade están asociadas 202 Entidades Locais, que representan a 20 678 735 habitantes.

Enlaces relacionados

Enlaces relacionados