FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

O Goberno aproba a reestruturación da Administración do Estado cunha redución de altos cargos


O Goberno aprobou a racionalización de estruturas na Administración Xeral do Estado, redución de altos cargos e reordenación do sector público empresarial, no marco das medidas de austeridade do Goberno para lograr o restablecemento da estabilidade presupostaria e a redución do déficit público.


O acordo do Consello de Ministros supón a supresión de 33 altos cargos: unha Secretaría Xeral, dezaoito Direccións Xerais e catorce Organismos Autónomos con rango de Dirección Xeral.

Entre os órganos e departamentos suprimidos figuran a Dirección Xeral do INAP, do Ministerio de Presidencia, e a Secretaría Xeral de Financiamento Territorial e a Dirección Xeral de Servizos e Coordinación Territorial, do Ministerio de Economía e Facenda.

O Goberno, por iniciativa dos correspondentes Ministerios, adaptará as estruturas ministeriais ao contido deste Acordo nun prazo non superior a tres meses.

No que respecta á reordenación do sector público empresarial, o Goberno prevé unha significativa redución de sociedades públicas e cargos directivos, que afectan aos grupos de sociedades de Patrimonio, DDI, Fomento e SEPI. Deste último, a concentración afectará a dúas filiais de Tragsa, que se agruparán nunha.

O Plan aprobado establece un recorte de, polo menos, un 10% nos postos directivos das empresas públicas estatais e dunha redución de polo menos un 15% no número de conselleiros de sociedades que conten cun Consello de Administración con máis de seis membros.

Antes do 31 de decembro deste ano culminarase a reordenación do sector público empresarial e acometerase a racionalización das Fundacións públicas, así como unha redución dos representantes da Administración Xeneral do Estado nos Consellos de Administración das Sociedades Estatais e, por último, unha redución dos Órganos colexiados existentes.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)