FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Canle web propia para os novos Concellos


O Ministerio de Política Territorial e Administración Pública puxo en marcha a través da súa páxina web (www.mpt.gob.es), coincidindo coa data en que se constitúen os novos Concellos, unha canle única de actuación e comunicación coas Entidades Locais, que inclluye todas as aplicacións informáticas que dan servizo ás corporacións locais nos ámbitos da súa competencia: fondos estatais de investimento, fondos europeos, subvencións e axudas aos municipios.




O novo espazo web incorporará o rexistro de Alcaldes, o rexistro de Entidades Locais e a tramitación telemática de diversos procedementos, así como os procedementos relativos ao rexistro de funcionarios con habilitación de carácter estatal. Así mesmo, dará cobertura á obriga de comunicación de acordos dos órganos de goberno municipais ás delegacións do Goberno.

En canto aos novos rexistros de Alcaldes, irán actualizándose a partir da data de constitución dos Concellos, coa informacíón que reciban destes.

A aplicación ofrece de forma sistematizada a información, estatísticas, estudos e datos elaborados por este Ministerio, así como enlaces ao resto de información local nos distintos ministerios e organismos públicos estatais.