FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Liquidación definitiva de 2009


O Ministerio de Economía e Facenda liquidou a Participación nos Ingresos do Estado de 2009 das Entidades Locais. Así mesmo, fixo públicos na súa web os datos correspondentes a esa liquidación; a información publicada recolle os valores que corresponden tanto ás Entidades Locais en réxime de cesión de tributos coma aos municipios en Réxime Xeral.



A información está dispoñible para a súa consulta na web do Ministerio de Economía e Facenda, (dentro da Oficina Virtual de Entidades Locais) e distribúese nos dous apartados sinalados: por unha parte, os datos correspondentes aos municipios con máis de 75.000 habitantes, capitais de provincia ou de Comunidade Autónoma, e as provincias e Entes asimilados (Entidades Locais en réxime de cesión de tributos), e por outra, aos municipios de menos de 75.000 habitantes, excluídos as capitais de provincia ou Comunidade Autónoma (municipios de réxime xeral).
En ambos os dous casos, a información salientada inclúe unha memoria que se completa con anexos documentais, para os primeiros, e co cálculo da liquidación, no que respecta ao segundo grupo.
A memoria que fai referencia aos municipios máis grandes e provincias ou Entes asimilados explica os cálculos realizados para obter a liquidación definitiva correspondente á cesión de tributos e Fondo Complementario de Financiamento de cada Entidade Local.
Pola súa banda, na memoria relativa aos municipios de réxime xeral preséntanse os cálculos efectuados de cara a obter a citada liquidación definitiva conforme aos criterios de distribución do importe total da participación fixado no artigo 124 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Haiendas Locales (TRLRHL) e desenvolvido, para 2009, no artigo 91 da Lei de PGE 2009. Tamén se obtivo a liquidación da cesión da recadación dos Impostos sobre Hidrocarburos e sobre os Labores do Tabaco dos municipios turísticos, de acordo co artigo 125 do Texto Refundido.