FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Aprobado o Proxecto de Lei sobre Servizos Funerarios


O Consello de Ministros aprobou na súa última reunión o Proxecto de Lei que vén a traspoñer ao sector funerario as esixencias da Directiva de Servizos; o resultado é un texto busca que actualizar a normativa aplicable, eliminar cargas administrativas e favorecer a competencia efectiva do mercado. O texto aprobado inclúe recomendacións e comentarios de Concellos, Comunidades Autónomas, asociacións e empresas do sector



Aprobouse a remisión ás Cortes Xerais do Proxecto de Lei de Servizos Funerarios, cuxa finalidade é garantir o libre acceso ás actividades funerarias e o seu exercicio, a liberdade de elección de prestador por parte dos usuarios de servizos funerarios e a aplicación de prácticas que eviten a aparición de riscos para a saúde pública.

O texto legal, elaborado conxuntamente polos Ministerios de Economía e Facenda e de Sanidade, Política Social e Igualdade, en cumprimento do mandato establecido pola Lei Ómnibus de transposición da Directiva de Servizos á lexislación española. O texto legal aprobado incorpora as recomendacións e comentarios de Comunidades Autónomas, Concellos, e asociacións e empresas do sector.

A Lei afecta principalmente á eliminación de barreiras de entrada e de exercicio, e vén a suprimir requisitos para o acceso á actividade, autorizacións de exercicio consideradas innecesarias ou desproporcionadas ou a prohibición de trasladar un falecido ata pasadas as vinte e catro horas do falecemento, entre outras cuestións.
A eliminación de autorizacións e requisitos supoñerá tamén unha redución de cargas administrativas que se estima en 18,3 millóns de euros. Neste sentido, o 8 por 100 do aforro total anual calculado beneficia ás empresas no momento da súa creación, por tratarse da eliminación de trámites e requisitos relacionados co acceso á actividade. O 92 por 100 restante deriva da eliminación de trámites asociados ao exercicio da actividade de servizos funerarios.

Así mesmo, o texto fai especial fincapé na mellora da protección dos dereitos dos consumidores e usuarios dos servizos, ao aumentar as obrigas de información e transparencia en materia de prezos e facer explícito o dereito á liberdade de elección.