FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

O sitio web da Asemblea


A FEMP puxo en funcionamento, dende hoxe, o sitio Web www.asamblea.femp.es con toda a información imprescindible para seguir a 10ª Asemblea. Este portal ofrece, entre outros contidos, noticias, axenda de eventos e os documentos necesarios para os participantes no encontro. Neste sitio poderase consultar toda a información relevante que teña relación con este proceso.



Como novidade, e seguindo coa liña estratéxica de modernización da FEMP, a web incorpora un sistema de identificación polo que os asistentes poderán inscribirse ou delegar o seu voto mediante a utilización do DNI-electrónico, axilizando os tempos e facilitando a xestión dos asistentes (este apartado entrará en funcionamento nos próximos días).