FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Acordo para impulsar a Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación


O Goberno aprobou en Consello de Ministros un acordo para recoñecer e impulsar as actuacións que realizan as Administracións Locais en materia de ciencia e innovación, en concreto no marco da Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación. Esta rede ten como obxectivo propiciar a colaboración entre os Concellos para contribuír ao cambio do modelo produtivo cara a un modelo sostible económica e socialmente, baseado no coñecemento e a innovación.




A Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación estará integrada por aqueles Concellos que obtiveron a distinción "Cidade da Ciencia e a Innovación", conforme á convocatoria do Ministerio de Ciencia e Innovación, aberta dende o 1 de outubro.
Os Ministerios de Ciencia e Innovación e de Política Territorial impulsarán o desenvolvemento desta Rede establecendo os beneficios oportunos no marco das políticas de I+D+i e de desenvolvemento local, que incluirán, entre outros, a promoción nacional e internacional das cidades como modelos e referentes da cultura científica e innovadora en España, a súa consideración preferente para a situación de instalacións científicas e tecnolóxicas de titularidade ou participación estatal e para a situación da rede do Ministerio de Ciencia e Innovación de puntos de información sobre I+D+i (rede PIDI).
Do mesmo modo, priorizarase a estas cidades como lugares preferentes para organizar as reunións dos departamentos ministeriais coas Comunidades Autónomas e outros axentes do sistema de I+D+i, e a celebración de congresos e seminarios.
Os investimentos realizados polos Concellos en materia de innovación co Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, xestionado polo Ministerio de Política Territorial, alcanzaron os 916 millóns de euros distribuídos nun total de máis de 7.650 proxectos.
Este acordo de Consello de Ministros enmárcase nos obxectivos Estratexia Estatal de Innovación para o impulso do desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, como eixe fundamental no cambio de modelo produtivo en España.

18/10/2010

>Ir a la audioteca_gl