FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

O Senado aproba unha moción sobre o 1% Cultural


O Senado aprobou unha moción pola se insta ao Goberno a que facilite a comunicación entre a Comisión Interministerial do 1 por cento Cultural e a FEMP. O texto, aprobado pola Comisión de Cultura desta Cámara, pide que se busquen novas fórmulas de coordinación que complementen as que xa existen co fin de facilitar a información entre a devandita comisión interministerial e a Federación.



A iniciativa saíu adiante tras o acordo alcanzado polos grupos parlamentarios do PP e do PSOE na redacción dunha emenda transaccional a unha moción que previamente fora presentada por un senador do PP e que propoñía a modificación da normativa vixente en relación coa coordinación do denominado 1 por cento cultural, esixindo a participación de representantes das Entidades Locais.
A moción aprobada no Senado supón o recoñecemento á petición daFEMP de que as Entidades Locais participen de forma activa na coordinación das accións que teñen que ver coa aplicación do 1 por cento cultural.