FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

A FEMP intervirá na elaboración dos Plans de Calidade do Aire


A FEMP participará de forma activa na elaboración e desenvolvemento dos Plans de Calidade do Aire, xunto co Goberno de España e os das Comunidades Autónomas, cada un no ámbito as súas competencias dende a cooperación e a colaboración institucional. Este é un dos compromisos expresados polo Presidente da FEMP Pedro Castro, tras a reunión mantida coa Ministra de Medio e Medio Rural e Mariño, Rosa Aguilar.


A medida está incluída no Real Decreto sobre Calidade do Aire, aprobado polo Consello de Ministros o 28 de xaneiro, no que, entre outras cousas, obriga á elaboración de plans de calidade do aire nas cidades de máis de cen mil habitantes, tendo en conta os plans das respectivas Comunidades Autónomas e o Plan Nacional.

Durante a reunión abordáronse tamén diversas cuestións relacionadas cos ámbitos de colaboración bilaterais entre o Ministerio e a FEMP, como a actividade da Rede Española de Cidades polo Clima e da Rede Biodiversidade, e quedaron abertas outras novas vías de colaboración encamiñadas á sensibilización dos cidadáns na xeración de hábitos sostibles, relacionados co transporte ou a mobilidade, co obxectivo de mellorar a calidade do aire nas cidades.

Así mesmo, o Presidente da FEMP trasladou ao titular de Medio, algunhas das medidas que xa están a adoptar os Gobernos Locais no campo da sostibilidade, como o fomento do transporte colectivo fronte ao vehículo privado, o impulso de plans de mobilidade sostible, medidas de pacificación do tráfico ou o fomento das eficiencia enerxética nas instalacións e servizos municipais.

Tamén se referiu á descentralización no ámbito urbano de instalacións e sedes administrativas de organismos oficiais para desconxestionar o centro dalgunhas ciudades.Así como ás medidas de restrición do trafico postas en práctica en varias cidades do mundo.


Pedro Castro destacou tamén outras actuacións que xa están a comezar a ser unha realidade nas nosas cidades, referíndose ás campañas de sensibilización cidadá, a integración do transporte colectivo nos novos desenvolvementos urbanos, o impulso do vehículo eléctrico ou os instrumentos de planificación con criterios de desenvolvemento sostible.
Protocolo de colaboración
A Ministra de Medio anunciou, xunto co Alcalde de Getafe, a firma en marzo dun protocolo de colaboración entre o Ministerio e a FEMP en materia de política ambiental, no que se establecerán as aputas de colaboración "constante e permanente" entre ambas as dúas partes.

Ademais, anunciaron, crearase outro marco de colaboración entre o Goberno e a FEMP para impulsar a creación de emprego nos municipios rurais, sobre todo entre os mozos.

Noutro momento da súa intervención tras a reunión, referíndose ás solucións que propoñen un cambio de fiscalidade que grave aos vehículos máis contaminantes, sinalou que o Goberno non quere cobrar máis impostos pola mala calidade do aire, porque "a resposta e a solución non están na fiscalidade".
Rosa Aguilar expresou tamén o seu respecto ás competencias dos Concellos e das Comunidades Autónomas, ao tempo que eloxiou o decálogo de medidas que a FEMP propón aos seus membros para combater a contaminación atmosférica.
O Presidente da FEMP celebrou que esta Federación poida participar nos plans nacionais de desenvolvemento da Lei de Calidade Ambiental e subliñou que o novo protocolo que se asinará co MARM servirá para "institucionalizar a participación dos Concellos" nos devanditos plans