FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

As cidades españolas celebran o


Diversas iniciativas orientadas a "moverse con intelixencia e vivir mellor", impulsadas dende as cidades españolas no marco da Semana Europea da Mobilidade, culminan hoxe coa celebración do "Día sen Coches", a xornada na que, dende fai xa varios anos, os Gobernos Locais de toda Europa invitan os seus cidadáns a buscar sistemas de mobilidade sostible alternativos ao vehículo privado.




Con esta aposta, os Gobernos Locais do noso país súmanse aos doutros Estados europeos coa posta en marcha de propostas de mobilidade, que van dende a reserva de carrís especiais para bicicletas ou peóns durante toda a xornada do Día sen Coches, habilitación de máis prazas nos transportes públicos ou actividades promocionais da mobilidade sostibles, ata outras actuacións a máis longo prazo, como o desenvolvemento de modelos de mobilidade urbana ou a planificación da cidade de forma que os cidadáns non teñan que facer desprazamentos longos nin de xeito frecuente.

O lanzamento de campañas informativas, o control periódico da calidade do aire ou a fixación de obxectivos de redución de vítimas de tráfico son outras propostas formuladas polos Gobernos Locais neste ámbito.

Dende a posta en marcha da primeira Semana da Mobilidade en 2002, a participación dos Concellos europeos non deixou de crecer; en 2009 lle número de cidades participantes superou as 2.100, con máis de 200 millóns de cidadáns implicados; das iniciativas adoptadas dende entón, perviven 4.441 medidas permanentes, principalmente infraestruturas para ciclistas e peóns.