O Presidente da FEMP considera unha boa noticia a renuncia de ETA á violencia
O Presidente da FEMP, Juan Ignacio Zoido, cualificou de "boa noticia" a decisión de ETA de rematar coa violencia e expresou, en nome de todos os Gobernos Locais españois, o desexo de que esta vez sexa "de verdade", para que a liberdade e a convivencia se impoñan definitivamente ás ameazas e extorsións que sufriu a sociedade española e vasca nos últimos 40 anos.
"Esperamos tamén que esta declaración se concrete dun xeito definitivo na desaparición de ETA, co anuncio da súa disolución e a entrega das armas," afirmou o Alcalde Sevilla.
Neste momento en que se valora positivamente esta declaración -sinalou a continuación- "non" podemos esquecer as máis de 800 vítimas mortais, os centos de persoas feridas ou ameazadas e as súas familias".
O Presidente da FEMP tivo un recordo especial para os máis de trinta Alcaldes e Concelleiros asasinados, "nada nin ninguén nolos quitará da nosa memoria", e para o resto de cargos electos ou persoas vinculadas ao mundo municipal que tamén sufriron as consecuencias do terrorismo. "A todos eles, grazas outra vez, polo seu sacrificio e a súa xenerosidade,".