Os obxectivos establecidos para a Área de Educación son os seguintes: - Desenvolver as Resolucións da 9ª Asemblea Xeral da FEMP en materia de Educación, así como os acordos do Consello Federal e da Comisión Executiva - Participar no foro permanente de interlocución coa Administración do Estado, fundamentalmente a través do Ministerio de Educación, coa fin de establecer a necesaria coordinación administrativa para o impulso e a racionalización das diferentes actuacións educativas. - Colaborar en todas aquelas actuacións educativas que incidan no ámbito local dende as organizacións privadas do ensino e dende outras institucións de carácter educativo, tratando de compaxinar os obxectivos e as fins, dentro do respecto á autonomía local. - Dar pulo á dinamización da lectura nos municipios, así como a modernización e relevancia socioeducativa das bibliotecas municipais e escolares. - Coordinación do Grupo de Traballo Técnico en materia de Educación para a elaboración de documentos e propostas que articulen as Resolucións e cantas outras iniciativas adopte a Comisión
|