A Área de Sociedade da Información e Novas Tecnoloxías ten como obxectivo principal fomentar a utilización de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación na Administración Local.
O traballo desenvolvido no marco desta Área oriéntase a promover a implantación de Servizos Públicos Electrónicos e outras aplicacións informáticas na Administración Local, tendo en conta a especial problemática dos pequenos municipios.
Trátase de aproveitar as novas tecnoloxías para potenciar o intercambio de información entre as distintas administracións e facilitar a relación dos cidadáns coa Administración.