FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

_area tematica: Servizos Sociais

Os Servizos Sociais son o instrumento básico para o establecemento dunha política social integral e para acadar o máximo benestar social. A través dos Servizos Sociais desenvólvense programas orientados a cada un dos sectores específicos da poboación.

Comprenden un conxunto de recursos, actuacións e prestacións cuxa finalidade é a de promover a integración de aqueles colectivos que están en situación de desvantaxe social, axudándolles a superar as súas dificultades para mellorar a súa calidade de vida e integración.