FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Josep Roig, novo Secretario Xeral de CGLU


O español Josep Roig foi elixido novo Secretario Xeral da organización Municipalista Mundial Cidades e Gobernos Locais Unidos (CGLU), tras un proceso de selección internacional no que competiu con máis de 40 candidatos. A elección produciuse en Rabat, o pasado 23 de xuño, durante a celebración do 12º Buró Executivo desta organización.




Josep Roig, participou en Metropolis como fundador e membro activo dende 1985 -ano de constitución desta organización-, e como Secretario Xeral a partir de 2000. Tamén ocupou distintos cargos na Área Metropolitana de Barcelona e exerceu de director executivo da Universidade de Barcelona no período 1990-1994.

O 12º Bureau Ejecutivo de CGLU foi inaugurado por Fathallah Oualalou, Alcalde de Rabat, e contou coa asistencia de máis de 400 participantes, incluídos 150 dirixentes locais e rexionais dos cinco continentes -entre eles, o español Ramón Ropero, Alcalde de Villafranca de los Barros (Badajoz)-.